Sistema interno de información
Esta canle interna disponse para dar cumprimento ás denuncias, de carácter penal e/ou administrativo, que detalla a Lei 2/2023, de 20 de febreiro, reguladora da protección das persoas que informen sobre infraccións normativas e de loita contra a corrupción, cuxos feitos puidesen ser atribuídos ao Colexio Oficial de Administradores de Fincas de Galicia (en diante, COAFGA).
A lexitimación para presentar este tipo de denuncias pertence á persoa informante, que só poderá ser o persoal laboral do COAFGA, membros da súa Xunta de Goberno, colexiados; e persoal autónomo ou laboral de calquera provedor, contratista, que manteñan unha relación profesional co COAFGA.
É por isto que non se admitirán a trámite queixas ou suxerencias, así como denuncia de feitos que non estean contemplados na mencionada Lei, nin aquelas que se dirixan contra colexiados do COAFGA, existindo outras canles a través das cales cursar esas denuncias.
Crear novo informe
Descrición informe.
Seguemento do informe
Seguemento anónimo.